Concursos 2009

Premios de Fotografía e Investigación Etnográfica da Romaría Etnográfica “RAIGAME” 2009

Sábado 12 de setembro de 2009

O fotógrafo José Luis Diz, do Carballiño, gañou no apartado de fotografía cunha imaxe titulada “Barro nas mans”, mentres e o investigador ourensán Aníbal Cid Babarro, fixo o mesmo no de investigación co traballo titulado “A oliveira e os muíños de aceite”.

A entrega dos premios terá lugar o próximo sábado, día 12, ás 12,00 horas no salón de sesións do Concello de Celanova.

O xurado concedeu tamén seis accesit no apartado de fotografía que serán publicadas na revista Raigame, do Centro da Cultura Popular Xaquín Lorenzo.

Tódalas fotografías será montadas nunha exposición con motivo do Outono Fotográfico.

 

CONCURSOS  DA “VIII ROMARÍA ETNOGRÁFICA RAIGAME”

VILANOVA DOS INFANTES - 17 DE MAIO DE 2009

En Celanova, o 9 de setembro de 2009 constituíronse os xurados correspondentes, para analizar os traballos presentados ao concurso convocado pola organización da “VIII Romaría etnográfica Raigame” celebrada en Vilanova dos Infantes o pasado 17 de Maio día das letras galegas, resolvendo cada un deles o seguinte:

 

Apartado de Fotografía

O xurado constituido por: Xosé Vázquez “Che”, José Paz e Antonio Piñeiro, que actuou de secretario.

Acordou conceder os premios da seguinte maneira:

Primeiro premio de 600 €: Ao traballo presentado co título “BARRO NAS MANS”. Aberto o sobre, o traballo resultou ser de José Luis Diz Rodríguez, con domicilio no Carballiño.

Segundo premio de 300 €: Ao traballo presentado co título “CANTEIRO”. Aberto o sobre, o traballo resultou ser de Evaristo Santamaría Inzúa, con domicilio en Noia (A Coruña).

Terceiro premio de 150 €: Ao traballo presentado co título “APRENDENDO O OFICIO”. Aberto o sobre, o traballo resultou ser de Juan Andrés Hervella, con domicilio en Ourense.

 

O xurado acordou conceder accesits a:

Fotografía: “A VODA”

María López Cacheda. De Santiago de Compostela.

 

Fotografía: “ARTE NA PEDRA”

Manuel González Carballo. Do Carballiño (Ourense).

 

Fotogarfía: “TROULA”

Josefa Rodríguez. De Vigo.

 

Fotografía “FIADEIRAS DE VILANOVA”

Pilar Oviedo González. De Barbadás (Ourense).

 

Fotografía “FOLCLORE PORTUGUÉS”

José López Pérez. De Santiago de Compostela.

 

Fotografia “SEPIA 3”

Milagros Fernández Silva. De San Amaro (Ourense).

 

Apartado de Investigación Etnográfica

O xurado constituido por: Lalo Pavón González, Francisco Javier Ávarez Campos e José María Roríguez Álvarez, que actuou de secretario.

Acordou conceder o seguinte premio:

Primeiro premio de 750 €: Ao traballo presentado baixo o pseudónimo “AZ ZAIT” co título “A oliveira e os muíños de aceite”. Aberto o sobre, o traballo resultou ser de Aníbal Cid Babarro.

 
Inicio | Mellore a nosa Web | Contacto | Mapa do Sitio | Aviso Legal Copyright © 2010 - Concello de Celanova